Portada del sitio > Agenda > Democracia secuestrada: Crises, poder corporativo e resistencias (...)

Democracia secuestrada: Crises, poder corporativo e resistencias ecosociais

El miércoles 15 de marzo a las 20:30 en Vigo

Martes 14 de marzo de 2023

PNG - 1.3 MB

Atopámonos ante un mundo hiperconectado e globalizado, no que axentes tales como empresas transnacionais, estados, e outros organismos, interactúan entre si nun modelo político e económico que se renova e pon en perigo os dereitos humanos e o medio ambiente.

É frecuente que os mesmos axentes que pesan sobre unha persoa en Berlín, asoballen a un pobo orixinario na Amazonía. A mesma empresa transnacional que causa a seca en ríos de Guatemala, persegue activistas en Canadá. As persoas do norte e do sur global vémonos, cada vez máis, atravesadas por opresións que constitúen as diferentes caras dunha mesma realidade.

Ante este panorama, cambiante mais en permanente crise, e fronte ao auxe das posicións reaccionarias e de extrema dereita, cabe preguntarse se será abondo con empregar ou reformar as vellas ferramentas para facer fronte ás ameazas que nos atinxen ou se, por contra, será urxente crear outras novas.

A comprensión das relacións de poder e contrapoder cos seus axentes protagonistas, así como o coñecemento das estratexias a seguir fronte ás ameazas neste contexto, son os alicerces sobre os que se edifican as xornadas: “Democracia secuestrada: ameazas globais e autodefensas” que procuran:

  • Comprender en maior profundidade o funcionamento do sistema-mundo e dalgúns dos movementos sociais e políticos en auxe
  • Abrir un espazo onde a cidadanía poida reflexionar sobre o seu papel como axente do cambio
  • Coñecer alternativas, estratexias e ferramentas ante as problemáticas derivadas do modelo político e económico actual

“Democracia secuestrada: ameazas globais e autodefensas” son unhas xornadas que discorrerán en Vigo, entre o 15 e o 18 de marzo de 2023. Nelas preténdese analizar as ameazas á soberanía popular por parte das corporacións e a extrema dereita, así como presentar como se lles fai fronte.

 

Crises, poder corporativo e resistencias ecosociais

🗣 Erika González
🗓 Miércoles, 15 de marzo
20:30 h
📌 Café de Catro a Catro (Rua Girona 16, Vigo)

O mundo actual caracterízase por un contexto de inestabilidade permanente. As continua de crises en cada plano trae consigo un incremento progresivo das desigualdades así como un maior destrozo do planeta. A situación de emerxencia climática deveu nunha crise ecolóxica que aparece interconectada coa crise estrutural do capitalismo. Nesta etapa do capitaloceno a clase político-empresarial esfórzase en reforzar a armadura creada polos Tratados de Libre Comercio (TLC) ao tempo que busca novos instrumentos que lle permitan incrementar os beneficios das grandes corporacións transnacionais, a pesar das graves consecuencias para o planeta e para os dereitos e liberdades das persoas. Pero neste contexto tamén aparecen resistencias que son quen de detectar e reverter o proceso; nacen novas regulacións que buscan limitar o poder das grandes corporacións ao tempo que pretenden que se responsabilicen e reparen o dano causado; e, sobre todo, nacen centos de iniciativas e alternativas que permiten achegarse a conformar outro sistema máis xusto. Un sistema que permita un desenvolvemento económico equilibrado e redistributivo que non sexa lesivo cos dereitos das persoas e co medio ambiente.

 

PNG - 1.9 MB

Ver en línea : ÁGORA R: XORNADAS 2023.

Eventos asociados


¿Quién es usted?
Su mensaje

Para crear párrafos, deje simplemente líneas vacías.


Twitter

Vimeo >>

PNG - 5.3 KB